∙ Ao contar con zonas de risco potencial de inundacións, “Culleredo debería dispoñer dun Plan Municipal de actuación para minimizar calquera situación de risco”, asegura o concelleiro popular, Antonio Bouza.
∙ “É fundamental que, tanto os servizos de emerxencia como a poboación civil, saiban como actuar en caso de inundacións”, advirten os populares.
O Grupo Municipal Popular de Culleredo, a través do seu concelleiro, Antonio Bouza, solicitou no pasado pleno a elaboración do PAM, o Plan de Actuación Municipal en caso de inundacións.
Tras a publicación do novo Plan especial de Protección Civil #ante o risco de inundacións en Galicia (Inungal) o pasado mes de outubro, Culleredo atópase na lista de concellos cuxa elaboración dun Plan Municipal de actuación #ante un posible desbordamento é obrigatoria.
A catalogación que o Inungal fai de Culleredo é de zona de perigo medio-baixo pero con risco alto, “isto débese á existencia dunha importante poboación e/o actividades económicas situadas en zonas inundables, Por iso é fundamental dispoñer dun Plan Municipal que nos permita facer fronte a calquera emerxencia deste tipo que se poida producir”, recalca Antonio Bouza.
“Desde o Partido Popular queremos chamar a atención sobre a importancia de cumprir co que sinala Inungal e realizar canto antes o PAM, un instrumento esencial para minimizar os riscos asociados a situacións de emerxencia provocadas por inundacións”, manifesta o edil popular.
“É fundamental saber que facer e como proceder nestes casos, non só por parte dos servizos de emerxencias e as distintas administracións, senón tamén por parte da poboación civil. Esperamos que se realice ese Plan o máis axiña posible. Casos desgraciados como os acontecidos recentemente en varias zonas de España indícannos que hai que estar o mellor preparados posibles para este tipo de desastres” sinalan os populares.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.