Thursday 16 de January de 2025

O Concello programa máis de 50 sesións de contacontos e actividades infantís nas bibliotecas de febreiro a maio


As bibliotecas municipais de Oleiros acollerán durante os próximos meses 52 sesións de diferentes actividades infantís, contacontos, concertos, obradoiros,…. outra iniciativa máis de dinamización cultural dirixida a nenos e nenas para fomentar a lectura, o coñecemento e o lecer.

Case todas as actividades terán lugar ás 18:30 horas e teñen capacidade limitada, polo que resulta imprescindible reservar praza (presencialmente nas bibliotecas ou chamando por teléfono), desde dez días antes da data de realización de cada unha das actividades.

Haberá sesións dirixidas a públicos de 2 a 4 anos e outras para maiores desa idade. O calendario concreto de actividades pode consultarse na web municipal.

PROGRAMACIÓN: https://www.oleiros.org/actividades-infant%C3%ADs

Deja un comentario