Friday 22 de November de 2024

A aceptación dos Sábados de portas abertas do Goberno Local obrigou a ampliar o horario establecido


Como cada último sábado de mes o Concello de Ordes volveu a estar a disposición dos veciños e veciñas. Os Sábados de portas abertas do Goberno Local brindan a oportunidade a todas e todos eles de poder reunirse co alcalde e con varios concelleiros para abordar temas de distinta índole. Unha vez máis a gran afluencia de público obrigou a extender o horario que se establecera nun principio, para que pudiesen manifestar as súas suxestións, resolver dúbidas ou informarse sobre algún tema en concreto. Unha afluencia que pon de relieve a gran aceptación que leva tendo esta iniciativa dende o seu comezo. Con esta medida o equipo de José Luis Martínez Sanjuro quere posibilitar o contacto directo con aquelas persoas que pola súa axenda laboral ou motivos persoais non poden acudir no horario establecido ao longo da semana.