Hoxe presentouse a programación correspondente ao primeiro trimestre do 2025 da aula CeMIT de Ribeira da man do concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de Promoción Económica, Genoveva Betanzos.
Suárez-Puerta presentou o Exame da Plataforma EMA que se celebrará o vindeiro mércores, día 29 de Xaneiro, de 11:00 a 12:00 h, “son probas que se teñen que facer de forma presencial nas aulas CeMIT, exclusivas para as persoas que terminaron os cursos de teleformación na plataforma EMA” afirmou Suárez-Puerta
A plataforma EMA (Espazo Multimedia de Aprendizaxe) é unha plataforma de autoformación na que, a través da páxina https://formacion-cemit.xunta.gal, os usuarios da rede CeMIT poden facer cursos online con dereito a diploma. Unha vez rematados os cursos (un ou máis de un), para acadar dito diploma deben facer o/os exame/s nunha Aula CeMIT o día que a aula teña reservado para o “Exame da Plataforma EMA”.
Dentro da páxina da plataforma, hai 2 apartados dispoñibles para os usuarios:
1. Un apartado chamado “Competencias Dixitais” no que o usuario pode facer os 6 cursos que compoñen a Autoformación COMDIX, e ó rematalos, acadar un Diploma de aproveitamento facendo o Exame da Plataforma EMA nun Aula CeMIT.
2. Outro apartado chamado “Catálogo de Cursos”, nos que hai dispoñibles unha gran variedade de cursos segundo a categoría que se elixa:
▪ Alfabetización dixital:
· Formación dixital básica: inclúense cursos como “Prevención de riscos”. · Seguridade TIC básica: cursos como “Control parental”, “Seguridade informática”.
· Dispositivos móbiles: cursos como “Emprego do móbil”, cursos para uso das tabletas, libros electrónicos, cámaras dixitais.
▪ Capacitación dixital:
· Capacitación avanzadas: “Cloud computing”, “Xogos de adestramento mental”.
· Formación a empresarios e emprendedores: “Comercio electrónico”, “Mercadotecnia”.
· eAdministración: “Administración electrónica”, “Factura electrónica”. · Redes sociais: “Creación de blogs”, “Posicionamento social”. · Ocio e operacións dixitais: “Seguridade nas compras virtuais”. · Imaxe, audio e vídeo: “Edición de imaxe”, “Montaxe de audio”, “Montaxe e creación de vídeo”.
· Seguridade TIC avanzada: “Seguridade informática”.
· Ofimática – LibreOffice: “Tratamento de textos con Writer”, “Follas de cálculo con Calc”, “Bases de datos con Base”, “Presentacións con Impress” · Innovación social: inclúe un curso de “Innovación Social”
Tamén informou que durante todo o mes de febreiro do luns día 3 ao Xoves día 27 (agás os venres) terá lugar o Curso de Competencias Dixitais Básicas (25 horas) – De 10:00 a 11:30 h.
· Distintas versións e sistemas operativos dispoñibles.
· Inicio, apagado, hibernación.
· Programas básicos (navegadores, explorador de arquivos, visor de imaxes, pestañas, historial, favoritos, páxinas de inicio, buscadores preferidos, borrado de caché…).
· Xestión de arquivos e cartafoles; así como aprender a diferenciar as extensións (distintos formatos de arquivos) máis comúns: pdf, doc, docx, jpg, gif, png…
· Correo electrónico, videoconferencias básicas, identidade dixital… · Ferramentas ofimáticas básicas (procesador de textos, follas de cálculo, presentacións…).
· Seguridade: Rutinas para unha navegación segura, antivirus. · Mantemento do sistema operativo (actualizacións, limpezas).
Pola outra banda Betanzos anunciou os diferentes cursos que se impartirán na aula CeMIT correspondentes ao obradoiro Tahume X e o PIE (Programa Integrado de Emprego do Concello de Ribeira):
Tódolos venres – Desde o 31 de Xaneiro ata o 21 de Marzo: Curso de Alfabetización Informática para os usuarios do Obradoiro “Tahúme” (36 horas) -De 09:00 a 13:00 h.
· Sistemas operativos: funcións principais.
· Periféricos: tipos, conexión e configuración.
· Concepto e tipos de archivos: de configuración, de sistema, de programas, de texto…
· Visualización de arquivos e carpetas: modos, propiedades.
· Impresión e escaneo de documentos.
· Traballo en rede. Iniciación ao Drive.
· Correo electrónico e Internet. Búsquedas avanzadas. Trucos de búsquedas. · Programas e aplicacións de ofimática: editor de texto (Writer), folla de cálculo (Calc) e presentacións (Impress)
Marzo – Cursos para o “Programa Integrado de Emprego do Concello de Ribeira”
Levaranse a cabo 2 cursos intensivos de Informática Básica (nivel 1) para os novos usuarios do Programa Integrado de Emprego do Concello de Ribeira (16 horas cada un):
1º Grupo – Do Luns 10 ao Xoves 13 de Marzo (De 09:15 a 13:15 h.) – Curso Informática Básica
2º Grupo – Do Luns 16 ao Xoves 20 de Marzo (De 09:15 a 13:15 h.) – Curso Informática Básica.
Entre as materias a aprender atópanse as seguintes:
· Aprender a diferenciar e a usar as diferentes partes ou compoñentes do ordenador.
· Aprender a utilizar as distintas aplicacións e programas instalados (sobre todo LibreOffice: writer, calc, impress).
· Aprender a navegar pola red de forma segura, manexo do buscador Google, correo electrónico e Drive.
· Aprender o manexo das distintas ferramentas para a búsqueda activa de emprego a través da rede, envío/elaboración do currículo, autocandidaturas…
Suárez-Puerta pechou o acto dando as grazas á veciñanza polo interés que despertan estes cursos, pola súa aceptación e sinalou que “sempre se atenderá á demanda específica e contextual para avanzar no nivel de dixitalización dos veciños e veciñas”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.