· A iniciativa combina fotografías, biografías e ilustracións de lugares emblemáticos asociados ás homenaxeadas.
O Concello de Bergondo anuncia que o calendario “Bergondo en Feminino” para 2025 chegou durante o nadal aos fogares do municipio. Esta iniciativa, que celebra a vida e o legado de 15 mulleres excepcionais de Bergondo, tivo unha cálida acollida entre os veciños, quen xa contan con esta homenaxe visual e documental nas súas mans.
O calendario busca visibilizar as historias de mulleres que, co seu traballo, talento e compromiso, contribuíron significativamente á identidade e ao desenvolvemento do municipio. As mulleres homenaxeadas son as seguintes:
• Filomena Dato Muruais: Poetisa e defensora dos dereitos da muller.
• Luisa Viqueira Landa: Activista social e política en defensa dos dereitos laborais.
• María Fernández Sánchez “Maruxa do Chelo”: Artesá destacada na elaboración de encaixes.
• María Miramontes Matos: Mestra comprometida coa educación en galego.
• Jacinta Landa Vaz: Impulsora de iniciativas xuvenís e culturais.
• Xabiela Fraga Sánchez: Líder comunitaria na promoción da cultura local.
• Inés de Ribadeneira: Nobre do século XVII asociada ao Pazo de Mariñán, sobrevivente de violencia doméstica e símbolo de resiliencia.
• Mercedes Núñez Targa: Escritora e sobrevivente de campos de concentración nazis.
• Antonia Pato Pardo: Pioneira na medicina rural do municipio.
• María Vázquez López: Gardiá de oficios tradicionais e saberes populares.
• Natividad Martínez de Pan: Defensora da democracia e a xustiza social.
• Indalecia Juana Pérez Mesa: Costurera e curandeira de Moruxo e recoñecida mariscadora nas ribeiras de Bergondo.
• Carmen Miramontes #Vidal: Activista polos dereitos das mulleres traballadoras.
• María Antonia Calviño Docampo: Represaliada franquista pola súa relación coa resistencia local.
• Josefa Crespo Veiga “Fina a costureira”: Recoñecida modista que preservou técnicas tradicionais.
Os veciños e veciñas recibiron durante os últimos días do ano pasado exemplares gratuítos deste calendario nos seus centros sociais habituais e na Casa do Concello. A iniciativa, que combina fotografías, biografías e ilustracións de lugares emblemáticos asociados ás homenaxeadas, busca non só render tributo, senón tamén promover a reflexión sobre a igualdade de xénero e a memoria histórica.
Desde o Concello de Bergondo agradecen o entusiasmo mostrado pola comunidade e animan a explorar as historias detrás de cada mes do calendario.
O proxecto “Bergondo en Feminino”
Lanzado en 2019, este proxecto liderado pola Concellería de Servizos Sociais segue sumando esforzos para recuperar e preservar a historia das mulleres de Bergondo. Cada ano, novas figuras femininas son investigadas e visibilizadas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.