Wednesday 15 de January de 2025

Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA renovan o seu convenio para dinamizar e activar a Actividade Empresarial da demarcación cameral


A Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA asinaron a renovación anual do seu convenio de colaboración co obxectivo de impulsar a actividade empresarial na demarcación cameral, poñer en valor ás empresas e fortalecer o papel dos seus representantes. A sinatura deste acordo foi realizada por Maria Pais, presidenta da Cámara de Comercio de Santiago, e Lino Comesaña, director de Negocio Institucional de ABANCA.

Este convenio permitirá a organización dun encontro empresarial que reunirá aos principais actores do sector empresarial da área cameral para compartir perspectivas de traballo e explorar novas oportunidades de colaboración. Neste encontro buscarase fomentar o intercambio de ideas e a creación de sinerxias entre as empresas, coa fin de fortalecer o tecido económico da demarcación cameral e potenciar o desenvolvemento empresarial.

A colaboración entre a Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA preséntase como un paso máis na consolidación dun entorno empresarial máis competitivo, dinámico e sostible, ofrecendo ás empresas, ferramentas e recursos para mellorar o seu posicionamento e expansión.

Con esta renovación do convenio, ambas institución reforzan o seu compromiso co pulo da economía dos 32 concellos que conforman a demarcación cameral e co apoio ás empresas destes concellos no seu proceso de crecemento e transformación.

Deja un comentario