Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados esta noite dun incendio que afectaba a varios colectores en Aguiño, no concello de Ribeira.
Víronse afectados catro colectores que quedaron completamente calcinados. As lapas danaron tamén, en menor medida, as fiestras dunha vivenda e un poste telefónico.
O operativo consistiu na extinción das lapas e na comprobación das medidas de seguridade.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.