O xoves 16 retómanse as accións informativas a pé de rúa
Desde o Concello de Carballo queremos adaptarnos aos novos criterios de xestión de residuos que nos indican tanto desde Europa como desde a propia Xunta de Galicia. Case a metade do lixo que producimos nas nosas casas é materia orgánica; por iso, para cumprir coa lexislación vixente, é moi importante que comecemos a definir cal vai a ser o noso modelo ao respecto. O colector marrón, a quinta fracción, que ten como uso exclusivo a recollida de residuos, chegou ó municipio hai un tempo. Este novo depósito ten a particularidade de estar pechado coa finalidade de concienciar á veciñanza da separación de residuos orgánicos.
Queremos ser máis sostibles e iso so será posible coa implicación de toda a cidadanía, por iso queremos facer unha nova chamada á participación das familias de Carballo.
Súmate ao voluntariado marrón
Buscamos familias e persoas concienciadas.
O xoves 16 de xaneiro retomarase a campaña de sensibilización e divulgación para que todas as familias interesadas podan informarse na carpa de “Ti tes a chave” en horario de 10.30h a 13.30h, na rúa Coruña. Estas accións a pé de rúa repetiranse nas vindeiras semanas, na mesma localización e no mesmo horario, os días 23 e 30 de xaneiro e o 6 de febreiro.
Que residuos se deben meter neste colector
En canto aos residuos que deben ir neste colector marrón son: os restos de froita, verdura, carne e peixe, cunchas de mariscos ou froitos secos, restos de pan, café, infusión, papel de cociña, restos de plantas, cortizas, en definitiva calquera resto orgánico. Pola contra, o que nunca debe depositarse neste colector é, os envases, cueiros, compresas, bastonciños dos oídos, plásticos e outro tipo de residuos non orgánicos.
Un Carballo máis sostible é cousa de todos e todas, moitas grazas por colaborar
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.