Tuesday 14 de January de 2025

O Pleno de Frades aproba solicitar os 56.000 euros do POS+ Adicional 1/2025


O Pleno Municipal do Concello de Frades aprobou en sesión plenaria extraordinaria a proposta da Alcaldía para participar no POS+ Adicional 1/2025 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios por un importe de 56.394 euros. Unha proposta que saíu adiante cos votos a favor de PP e PSOE, e coa abstención do BNG, repetindo así a mesma votación ca en 2024. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explicou que esta achega irá destinada a ampliación do servizo de axuda no fogar, das axudas de emerxencia social e para dependencia.

Deja un comentario