Alcaldes e alcaldesas de Sada, Cambre, Bergondo e Oleiros demandan unha reunión coa Xunta
Os concellos de Sada, Cambre, Bergondo e Oleiros demandamos da Consellería de Infraestruturas unha reunión, na que tamén pretendemos que estean os responsables da empresa de augas da Coruña (EMALCSA) para tratar a renovación e aumento da sección de distribución do servizo de auga nos 4 concellos.
É necesaria a ampliación do colector xeral que nutre desde A Telva os depósitos de Bergondo, que ao mesmo tempo abastecen os depósitos de Sada e Oleiros na zona de Castelo.
Esta rede é máis económica dado que abastece por gravidade sen necesidade de bombeos intermedios. No caso de Oleiros, as outras dúas entradas de auga polo Temple e a ponte da Pasaxe encarecen o subministro ao ter que ser bombeada a auga ás zonas altas do concello.
Tamén é necesaria a construción dun novo depósito de auga en Sarro para garantir o subministro a gran parte do Concello de Cambre, especialmente a Pravio e Cecebre.
Estes temas xa foran tratados hai máis de 5 anos sen que por parte da Consellería e EMALCSA se abordaran as obras.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.