O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, reuniuse esta mañá coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e entre outros asuntos acordaron iniciar os trámites necesarios para lograr que o bus urbano 1-A poida estenderse ata a glorieta de Santa Cristina. O Concello ten solicitada agora unha reunión coa Xunta de Galicia para solicitar a autorización deste servizo público, co que se crearíase unha nova alternativa de mobilidade para desprazarse ata o hospital Abente y Lago, pasando por Alfonso Molina, Matogrande, Monelos, Elviña….
Nesa próxima reunión que agarda ter o Concello con responsables autonómicos abordarase este asunto e tamén outras melloras reclamadas polo Concello en relación ao transporte público. Respecto á liña B-1, que finaliza no Seixal, o Concello solicita a súa prolongación ata a Igrexa de San Pedro de Nós, para dar servizo completo ao conxunto da parroquia, claramente desatendida desde os cambios nas liñas do 2020. Tamén se solicitará unha nova liña ata a urbanización de Xaz, en Dorneda, e que cubra toda a avenida Emilia Pardo Bazán (estrada de Meirás), coa que tamén se reforzarían os pasos de autobuses entre Santa Cruz e Perillo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.