Monday 13 de January de 2025

Pequeno repunte das axudas de natalidade concedidas en Neda ao longo do 2024


O Concello de Neda concedeu durante o 2024 un total de 16 axudas para o fomento da natalidade, destinadas a familias que inscribiron no padrón municipal aos seus fillos/as nacidos ou adoptados ao longo dos últimos doce meses. Isto supón un lixeiro incremento con respecto aos exercicios inmediatamente precedentes.
Así, recibiron esta subvención de pago único cun importe de 300 euros ou 600 euros, no caso de menores con discapacidade, tres familias máis que no 2023 e cinco máis que no 2022. A axuda busca paliar os gastos derivados dos primeiros meses de crianza ou, no seu caso, da incorporación do menor á contorna familiar.
Só pais ou nais empadroados en Neda puideron percibir este apoio económico. E todos os beneficiarios tiveron que asinar o compromiso de manter o empadroamento deles e máis do seu fillo/a en Neda durante un período mínimo de catro anos. Deste xeito, o Concello busca contribuír a fixar poboación nova no municipio.

Deja un comentario