Monday 13 de January de 2025

O campo a través centra a actividade deportiva da Pobra no 19 de xaneiro


A Pobra do Caramiñal acolle unha nova cita co campo a través. A Federación Galega de Atletismo, coa colaboración da Concellaría dos Deportes, organiza os Campionatos Xunta de Galicia sub-10, sub-12, sub-14 e máster, individuais e por equipos, no 19 de xaneiro. Estas probas desenvolverase no circuíto de Cabío, a partir das 10.00 horas, onde os/as atletas deberán completa-la distancia que lles corresponda segundo a modalidade.

“O noso municipio goza de gran vitalidade deportiva. A tempada de outono/inverno non mingua o noso dinamismo e volvemos ter unha nova cita co campo a través. Aquí únense actividade física e paisaxe. Deste xeito, temos un evento deportivo nunha contorna de gran valor” apunta o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido.

Farase entrega de medallas conmemorativas ós/ás tres primeiros/as atletas da sub-10, sub-12, sub-14 e de cada categoría máster; e trofeos no caso dos tres primeiros equipos por modalidade.

Deja un comentario