O vindeiro sábado 18 de xaneiro, ás 9:00 horas, arranca unha nova edición da Liga de Judo que organiza o Concello de Oleiros en colaboración co Judo Club Oleiros. Participan máis de 450 nenos e nenas en idade escolar de toda Galicia e Asturias, entre eles os judokas de Oleiros.
A competición desenvolverase os días 25 de xaneiro, 8 de febreiro e 15 de marzo. Os combates terán lugar no pavillón José Antonio García Nieto de Canide, en horario similar a esta xornada inaugural.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.