Wednesday 15 de January de 2025

Grave atentado medioambiental en Arteixo


Estanse a verter directamente ao mar as augas residuais na costa de Suevos

Alternativa dos Veciños denuncia que se está a producir un grave atentado contra o medio ambiente polo vertido das augas residuais do Concello de Arteixo, directamente ao mar sen depurar, polos cantís entre Sabón e Suevos. O bombeo, desde o que supostamente terían que impulsarse as augas fecais ata a EDAR de Bens, non funciona e as augas residuais corren por toda a zona ata chegar ao mar .

O panorama na estrada que vai desde Bens a Suevos é absolutamente desolador. Ademais dos gases pestilentes das fecais e da refinería, o viario está cheo de buratos e de infinidade de gabias sen pechar, sen vallas de seguridade. A estrada, pechada desde hai máis dun ano, semella máis un campo de batalla cheo de trincheiras que unha zona de costa agreste e salvaxe.

Como a un concello con 70.125.000 euros de orzamento se lle pode permitir por parte da Xunta de Galicia unha degradación medioambiental de tal calibre? Como no se lle esixen tomar medidas para subsanar esta grave situación?

Alternativa dos Veciños esixe que se tomen medidas urxentes para paliar esta grave situación.

Ubicación bombeo: https://maps.app.goo.gl/AG3F3AG5v7d8VjKNA

Deja un comentario