• A pasada edición contou con 18 duplas, que competiron en formato de parellas e mixto.
• O torneo dará comezo o 3 de febreiro e ten previsto rematar o 15 de xuño.
• O prazo de inscrición estará aberto do 15 ao 24 de xaneiro.
O Concello de Carral abre este mércores, 15 de xaneiro, o prazo de inscrición para a III Liga de Pádel de Carral, que se disputará durante os meses de verán. Na pasada 2ª edición desta liga foron un total de 18 duplas as rexistradas nesta competición, que competiron en formato de parellas e mixto.
O torneo dará comezo o próximo 3 de febreiro estando previsto que se prolongue ata o 15 de xuño. Nas primeiras semanas disputarase unha fase de liguiña por grupos, de cuxas clasificacións sairá o cadro eliminatorio. Os partidos disputaranse en horario de serán, podendo modificarse os horarios sempre co acordo entre as parellas enfrontadas.
O obxectivo desta competición é o fomento do deporte entre a poboación adulta, así como posibilitar a práctica de novas modalidades deportivas de toda a veciñanza carralesa. Por iso, a participación no torneo terá un custo reducido.
Para todas aquelas parellas que desexen máis información ou inscribirse, poden facelo entre o 15 e o 24 de xaneiro, no Complexo Deportivo de Carral, no teléfono 678 33 88 47 ou a través do formulario web habilitado para tal fin: https://forms.gle/uKSexGHLRa6cGdut5
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.