Wednesday 15 de January de 2025

O Grupo Licor Café sube ás táboas do Elma coa segunda das funcións da mostra de teatro afeccionado da Pobra


O público pobrense poderá desfrutar dunha nova función ao abeiro da mostra de teatro afeccionado posta en marcha pola Concellaría da Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

“Chegamos ao ecuador deste ciclo que busca outorgarlle un espazo a compañías amateur con moito talento, seguir desfrutando das artes escénicas e ofrecer citas culturais na nosa localidade” explica a edil Patricia Lojo.

O Grupo Licor Café, de Cabanas, levará a escena Rosenda, unha criada indecente! no domingo 19, ás 19.00 horas, no teatro cine Elma. A obra xira arredor de Rosenda; unha traballadora do fogar moi leal na casa dun respectable xuíz, na cal é moi apreciada ata que un día descobren que lle gustan moito os homes e dispóñense a despedila sen contemplacións. Coa axuda dunha amiga, Rosenda artellará un plan para evitar que a despidan.

A entrada é libre ata completa-la cabida da dita instalación municipal.

Deja un comentario