Os bombeiros do parque Provincial de Boiro atenderon sobre as 9:00 horas da mañá de hoxe unha chamada na que se informaba dunha árbore caída no lugar de Fornos, en Abanqueiro, no concello de Boiro.
Despois de realizar unha valoración inicial no lugar, comprobouse que parte da árbore quedou enganchada a uns oito metros de altura, polo que se mobilizou a auto-escaleira do parque Provincial de Ribeira, para proceder á completa retirada dos restos.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.