Os bombeiros do parque Provincial de Boiro atenderon esta tarde unha saída de vía no concello de Dodro, que deixou un coche envorcado lateralmente.
No seu interior atopábanse dúas persoas maiores que non podían saír do vehículo. Finalmente, tras a actuación dos bombeiros saíron ilesos, sen precisar de asistencia sanitaria.
Completaron o operativo o GES de Padrón e a Garda Civil de Tráfico.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.