O campo de fútbol municipal Rogelio Martínez presenta un aspecto renovado logo das recentes obras de mellora realizadas na carpintería da cantina e no peche das instalacións.
A actuación, que contou cun investimento total de 20.000 euros, foi cofinanciada pola Consellería de Deportes e o Concello de Laxe, contando ademais coa colaboración da S.D. Laxe. Estas obras teñen como obxectivo mellorar o confort e a funcionalidade para usuarios e visitantes, así como incrementar o atractivo e seguridade do espazo deportivo.
Desde o Concello destacaron que estas melloras reafirman o seu compromiso co fomento da práctica deportiva e coa calidade dos servizos ofrecidos á veciñanza.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.