O Concello informa de que o inmoble permanecerá pechado en tanto se realicen as tarefas de desamiantado
O Concello de Neda informa do arranque efectivo a próxima semana dos traballos de renovación da cuberta da Casa da Cultura. A obra iniciarase coa retirada, por parte dun equipo especializado. da uralita instalada (fibrocemento con amianto). Por este motivo, a partir do luns e mentres duren as tarefas para eliminar ese residuo perigoso o edifico permanecerá pechado.
A administración local investirá un total de 68.159 euros na mellora deste inmoble municipal. O proxecto que está a piques de comezar busca acabar coas filtracións de auga, derivadas do mal estado da instalación de pluviais do edificio, e poñer remedio aos problemas de humidade rexistrados nos últimos invernos.
Ademais da substitución do tellado orixinal do inmoble, que data do ano 1960, por unha cuberta nova de panel sándwich de aceiro galvanizado e a renovación da rede de pluviais, o proxecto inclúe ademais o cambio das fiestras do salón de actos por unhas novas de PVC, bicolor, e dotadas de persiana. Un cambio que afectará positivamente á acústica e ao confort térmico deste espazo.
O goberno local confía en que as obras, que houbo que licitar en varias ocasións, ao quedar primeiro desertas e ao renunciar logo a primeira adxudicataria, permitirán acabar coas periódicas actuacións de no tellado, ademais de reducir o consumo enerxético dedicado tanto a quentar como a arrefriar o inmoble nas diferentes épocas do ano.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.