Friday 10 de January de 2025

Mariñas Coruñesas consegue a certificación en Calidade Turística do Ministerio para as oficinas de turismo e centros de información turística


• Tras un ano de formacións ao persoal destes espazos, impulsada pola Reserva de Biosfera, que dependen das Administracións locais, colaboraron a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña.

• Son 11: Aula do Mar de Oleiros; Casa Museo María Antonia Dans, de Curtis; Centro Etnográfico Río Mandeo, de Teixeiro; Museo Xacemento Romano de Cambre; Oficina de Turismo de Betanzos; Oficina de Turismo de Culleredo; Oficina de Turismo de Miño; Oficina de Turismo de Sada; Oficina de Turismo de Santa Cristina; Oficina de Turismo de Sobrado dos Monxes e o Centro de Interpretación do Río Mandeo, en Coirós.

Mariñas Coruñesas conseguiu a certificación en Calidade Turística do Ministerio para as oficinas de turismo e centros de información turística do seu territorio e tras un ano de formacións ao persoal destes espazos, na que colaborou a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña.
O principal obxectivo foi buscar a mellora continua destes centros, fomentar o traballo en rede dos Concellos que compoñen a Reserva no ámbito turístico e a posta en valor do persoal destes centros como auténticos dinamizadores do Destino, do seu patrimonio, das empresas e experiencias en Mariñas Coruñesas.

Son once: Aula do Mar de Oleiros; Casa Museo María Antonia Dans, de Curtis; Centro Etnográfico Río Mandeo, de Teixeiro; Museo Xacemento Romano de Cambre; Oficina de Turismo de Betanzos; Oficina de Turismo de Culleredo; Oficina de Turismo de Miño; Oficina de Turismo de Sada; Oficina de Turismo de Santa Cristina; Oficina de Turismo de Sobrado dos Monxes e o Centro de Interpretación do Río Mandeo, en Coirós.

A Reserva de Biosfera continuará formando a estes centros no ano 2025, así como abrirá o prazo para que outra tipoloxía de centros que non só sexan de natureza municipal ou pública poidan participar desta iniciativa que busca a mellora real do destino; fidelizar ao turista, aumentar a colaboración público-privada, así como traballar nun modelo de turismo de proximidade que axude a desestacionalizar nosa oferta.
“Queremos fomentar ou traballo en rede, unir esforzos pola calidade turística do territorio”, expresa o presidente da Reserva, José Antonio Santiso. Mariñas Coruñesas dá cada ano máis pasos na configuración dunha oferta “singular, diferente e desestacionalizada”, apunta, e considera que a promoción do destino repercute en cada un dos municipios.

Mariñas Coruñesas cuentó en 2024 con 69 empresas turísticas certificadas: 20 restaurantes, 16 aloxamentos, 12 empresas que realizan visitas de agroturismo, 17 empresas de actividades turísticas, servizos guiados ou interpretación patrimonial, dúas empresas de transporte, e dúas axencias locais /comercializadoras do territorio.

Deja un comentario