Friday 10 de January de 2025

Cáritas de Aguiño fai unha chamada a participar na VI Milla/Andaina Solidaria “Heroínas de Sálvora 2025”


Hoxe congregáronse no paseo do Touro o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes e a presidenta de Cáritas de Aguiño, Julia Rey para animar a participar á veciñanza nesta andaina solidaria que se celebrará o vindeiro domingo día 12 a partir das 11:00 h no porto de Aguiño.

A inscrición é online e presencial e terá un custo de 5,00 euros. O prazo online de inscrición remata hoxe día 9 ás 23:59 h na web: https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/vi-milla-heroinas-de-sal vora-andaina-2025/

Poderase facer inscrición presencial o domingo 12 na lonxa de Aguiño.
O concelleiro Abraldes dou as grazas a Julia Rey e a todo o seu equipo “que traballan arreo durante todo o ano facendo un gran esforzo pola comunidade” tamén quixo animar a veciñanza a apuntarse á andaina e ademais haberá chocolatada para todos e todas na Lonxa de Aguiño”.

Vidal e Rey tamén animaron a estar todos e todas camiñando pola solidaridade en Aguiño o vindeiro domingo.

Deja un comentario