O evento ‘Orientación Ano Novo’ desenvolverase a través dun adestramento balizado, un rogaine nocturno e unha proba de media distancia
Está organizado polo Club Orientación O Pasatempo de Betanzos
Paderne converterase este sábado, 11 de xaneiro, no escenario dunha proba de orientación. O evento ‘Orientación Ano Novo’, organizado polo Club Orientación O Pasatempo de Betanzos, desenvolverase a partir de tres probas: un adestramento balizado, un rogaine nocturno e unha proba de media distancia.
O sábado pola mañá celebrarase o adestramento balizado. Mentres, a partires das 14:30 horas comezarán as saídas da Media Distancia de Nadal de Paderne. A meta da proba pechará ás 17:00 horas, 60 minutos antes do inicio do Rogaine Nocturno, que contará con modalidades de unha, dúas ou tres horas.
O Telleiro será a zona de concentración e accesos para un evento no que as persoas interesadas puideron anotarse ata o pasado martes, fosen ou non iniciadas ao deporte.
O mapa da proba foi realizado por David Casado Bravo. De xeito orixinal, deseñouse para o Campionato de España de Rogaine de hai xa varios anos, pero foi revisado o pasado mes. A zona actual non foi nunca usada para a orientación a pé, polo que se pode considerar que será unha nova área con gran diversidade de terreos que dá lugar a un mapa labiríntico con abundancia de camiños.
A organización sinala que para optimizar os trazados, os deportistas deberán navegar polos bosques de Paderne ou seguir outras referencias lineais como muros.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.