O Concello de Neda ten previsto instalar suxeita contedores de residuos en novos puntos do municipio. Busca deste xeito impedir que os colectores acaben desprazados ou tirados por mor dos refachos de vento en xornadas de temporal. A administración local pechaba o 2024 con esta adquisición.
Segundo detallan, o goberno local pechou o subministro dun total de 60 novos dispositivos metálicos, que se sumarán aos xa instalados na actualidade, colocándose en distintos lugares de todo o municipio. A idea é situalos naqueles puntos nos que os colectores se atopan máis expostos, e tamén nos emprazamentos próximos ás calzadas.
A administración investiu un total de 13.500 euros neste subministro que contribuirá a evitar que os colectores se estraguen como consecuencia das caídas, impacten en vehículos ao desprazarse do seu lugar ou se convertan nun obstáculo para a circulación peonil ou rodada. Tratase pois de preservar o equipamento e, ao tempo evitar molestias e danos. A instalación destes elementos de protección facilitará ademais as tarefas de recollida dos refugallos.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.