Thursday 09 de January de 2025

A Xunta outorga os premios aos mellores estudantes de Ensinanzas Artística


— O Diario Oficial de Galicia publica as resolucións destes galardóns, dotados con 3.500 e 1.000€, respectivamente

— Recoñécese o desempeño excelente de alumnos en ámbitos como a música, a danza, as artes plásticas e o deseño

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as resolucións dos premios fin de carreira e extraordinarios de Ensinanzas Artísticas Superiores e Profesionais correspondentes ao curso 2023/24. En total, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP concede cinco premios fin de carreira nas categorías de Arte Dramática, Deseño, Música e seis galardóns extraordinarios nos ámbitos de Música, Danza e Artes plásticas e Deseño.
No caso dos galardóns de fin de carreira, recoñecen o labor do alumnado que rematou brillantemente os seus estudos conducentes a unha titulación superior de Ensinanzas Artísticas nos centros dependentes da Xunta de Galicia. Cada un deles recibe un galardón de 3.500€ e un diploma acreditativo desta distinción, certificando que se trata do estudante que conta co mellor expediente académico de entre aos solicitantes.
A listaxe de beneficiarios é a seguinte:
Alumno Centro Modalidade Especialidade
Susana Villaverde García Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Arte Dramática Dirección escénica e dramaturxia
Andrea García Martínez Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde (Ourense) Deseño Interiores
Luis Mosquera Conde Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (A Coruña) Deseño Gráfico
Ángela Placer Espiñeira Conservatorio Superior de Música de Vigo Música Composición
Efrén Soto López Conservatorio Superior de Música da Coruña Música Interpretación (vento madeira, saxofón)

No caso dos premios extraordinarios, concorreron os alumnos que finalizaron brillantemente os seus estudos nas Ensinanzas Profesionais de Música ou Danza ou nun ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño. As persoas aspirantes achegaron, asemade, un proxecto artístico específico, valorado por un xurado de selección que propuxo a adxudicación destes galardóns, dotados con 1.000€ e un diploma acreditativo ás seguintes persoas:
Estudante Centro Modalidade Especialidade
Candela Teijeira Pérez Conservatorio Profesional de Música de Vigo Música Saxofón
Álex Armán Vilariño Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño (Ferrol) Música Piano
Irene Figueroa Romero Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga (Pontevedra) Música Clarinete
Sofía González Sánchez Conservatorio Profesional de Danza da Coruña Danza Danza clásica
Tania Villamarín García Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón (Lugo) Artes plásticas e Deseño Cerámica artística
Violeta González Otero Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (A Coruña) Artes plásticas e Deseño Ilustración

Deja un comentario