O xadrez segue con moita vitalidade na Pobra do Caramiñal. Logo do VIII Torneo de Xadrez Pizza Móvil e do VI Torneo de Xadrez do Nadal chegan os Campionatos Provinciais da Coruña sub-8 e sub-10. Organizados pola Federación Galega de Xadrez coa colaboración da Concellaría dos Deportes e do Club Deportivo Marquiño, estas probas disputaranse no 12 de xaneiro, na Casa da Mocidade.
A este respecto, o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, manifesta que “ratificamos así o apoio da Administración local a tódalas disciplinas deportivas e seguimos promovendo o xadrez coa terceira cita que se desenvolve no noso municipio nas últimas semanas. Nesta ocasión, as probas están dirixidas ás denominadas categorías promesa e benxamín.”
Seguirase o sistema de xogo suízo a sete roldas. Deste xeito, a primeira iniciarase ás 11.00 horas, mentres que a última será ás 19.00 horas.
Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría e trofeo conmemorativo para tódalas persoas participantes.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.