Friday 22 de November de 2024

A AGASP colabora co ministerio de xustiza na celebración da proba de acceso á avogacía


135 aspirantes demostrarán que teñen formación suficiente para o exercicio da profesión e que coñecen as respectivas normas deontolóxicas e profesionais

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), acolleu, por segunda vez e en colaboración co Ministerio de Xustiza, a proba de aptitude profesional para o exercicio da profesión de avogado, que este 2016 conta con 135 aspirantes convocados.

A proba acredita a capacitación profesional para o acceso a función de avogado e esta dirixida a comprobar a formación suficiente para o exercicio da profesión así como o coñecemento das respectivas normas deontolóxicas e profesionais.

Para acceder a ela é necesario estar en posesión do título de Licenciado ou Graduado en Dereito e haber superado os cursos de formación e o período de prácticas externas, de acordo co Regulamento da Lei sobre acceso as profesións de Avogado e Procurador.

O exercicio consiste na resolución dun cuestionario sobre materias comúns ao exercicio da profesión de avogado e cuestións sobre a especialidade xurídica elixida: civil-mercantil, penal, administrativa-contencioso e laboral.

Non existe limitación algunha no número de aprobados e a proba que ten unha duración de 4 horas, cualificase como apta ou non apta.

Esta proba, de catro horas de duración -entre as 10.00 horas e as 14.00 horas- , representa un paso mais na AGASP para o reinicio do exercicio das competencias en materia de formación de xustiza.