O xoves 9 de xaneiro, ás 9.00 horas, abrirase a reserva de entradas para as sesións de xaneiro, febreiro e marzo de 2025
O Aquarium Finisterrae convoca novas sesións da actividade de fin de semana ‘Aventura coas focas’, un taller de divulgación científica no que se participa na preparación dos alimentos e accedese ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños. “O Goberno de Inés Rey quere manter a alta calidade das actividades que se organizan nos nosos Museos Científicos e proba disto é a convocatoria de novas sesións deste exitoso taller, que esgota a súa capacidade sesión tras sesión”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
A actividade está dirixida a persoas maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous menores. Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba abonar para entrar no recinto, pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes.
Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión. No primeiro trimestre deste ano haberá 22 sesións, o que supón un total de 264 prazas. A reserva de entradas poderá realizarse nesta dirección a partir do xoves 9 de xaneiro ás 9 da mañá: https://ticketing.coruna.gal/mc2/acf/
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.