Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira recibiron unha chamada na noite de onte avisando dun incendio nunha nave do club de remo da Pobra do Caramiñal, ubicada na entrada do porto, fronte a estación de autobuses.
O operativo, no que tamén participaron bombeiros do parque provincial de Boiro, a Policía Local, a Garda Civil e un voluntario da Protección Civil da Pobra, consistíu no control e na extinción do incendio, que se conseguiu tras duas horas de intervención.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.