A chuvia respectou, agás en momentos puntuais, e os Reis Magos de Oriente puideron percorrer esta mañá parte de Neda para repartir a ilusión entre os máis pequenos. Tiveron quedadas en Viladonelle, Anca, Albarón, e na Casilla do Puntal (a máis concorrida). Pola tarde, as Súas Maxestades, que non quixeron quedar sen unha foto da panorámica do monte Ancos, seguirán o seu itinerario pola localidade, e terán recepcións na Casa das Palmeiras e máis na pista polideportiva do Roxal, onde se servirá aos participantes un chocolate con churros ben quentiño.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.