Wednesday 08 de January de 2025

O 2024 rematou coa cifra máis alta de solicitude de licenzas para vivendas dos últimos dezaseis anos


O Concello de Carballo tramitou o ano pasado licenzas para a construción de 97 vivendas novas, unha cifra récord desde o ano 2008. E tamén, por primeira vez nestes dezaseis anos, o groso desas vivendas vaise situar en edificios urbanos: 76 en total.

No segundo e no terceiro trimestres do ano xa se presentaran solicitudes para a construción de vivendas en edificios, pero en ámbolos casos tratábase de promocións pequenas, de catro vivendas. As outras 68 vivendas correspóndense con tres expedientes presentados no rexistro municipal no último trimestre do ano, en concreto unha promoción de 8 pisos na rúa Tarragona, outra de 14 na esquina de Luis Calvo con Nébedas e a terceira, de 46 vivendas na rúa Perú.

A construción de vivendas unifamiliares, pola súa banda, está na media dos últimos dez anos, con 21 expedientes ao longo do 2024. Neste caso tamén se incrementaron as solicitudes no último trimestre.

Deja un comentario