Wednesday 08 de January de 2025

De Mocedades a El Consorcio, o Teatro Colón acollerá o vindeiro domingo 12 un concerto especial protagonizado polos irmáns Uranga e Carlos Zubiaga


Últimas entradas á venda de cara á actuación, na que se interpretarán os grandes éxitos da formación. Entre eles, ‘Eres tú’

O Teatro Colón abrirá as súas portas o vindeiro domingo 12 ao concerto especial de El Consorcio, histórica agrupación integrada polas figuras que tamén formaron parte de Mocedades. A actuación, que comezará ás 19.00 horas, reforza a programación cultural impulsada polo Concello neste primeiro treito do ano, cun amplo abano de propostas para todos os públicos.
Aínda hai entradas á venda para asistir ao concerto, no que os irmáns Estíbaliz, Amaya e Iñaki Uranga, acompañados por Carlos Zubiaga, volverán subir ás táboas para recuperar grandes éxitos como ‘Eres tú’, tema composto por Juan Carlos Calderón que supuxo un dos maiores éxitos da súa carreira con Mocedades, recoñecidos co segundo posto no certame de Eurovisión 1973.
Ademais, no seu percorrido profesional, con máis de cinco décadas de historia no panorama musical nacional, tamén colleitaron un Grammy Latino no ano 2016.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, convidou a cidadanía a asistir á actuación no Teatro Colón, para a que hai pases dispoñibles. Poden adquirirse a través da páxina web de Ataquilla, no despacho de billetes da praza de Ourense (aberto en horario de 11.00 a 15.00, e de 16.30 a 19.30 horas), así como no despacho de billetes do Teatro Colón o propio día do concerto, desde dúas horas antes do inicio, sempre que haxa localidades dispoñibles.
Máis información, na páxina web do Teatro Colón.

Deja un comentario