Wednesday 08 de January de 2025

A Xunta facilita que case 300 alumnos de 23 institutos de toda Galicia acrediten o seu nivel de portugués de balde


— Esta acción é froito dun acordo pioneiro entre a Xunta e o Instituto Camões que non ten ningunha outra comunidade autónoma

— Os seleccionados poderán facer as probas Camões Junior, cuxo custo asume o Goberno galego

Un total de 279 alumnos de 23 institutos de toda Galicia poderán acreditar de balde o seu nivel de portugués co apoio da Xunta. Son os seleccionados na nova convocatoria pola que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP facilita que os alumnos de centros que imparten lingua portuguesa poidan participar nas probas Camões Junior para certificar o seu nivel de competencias nesta lingua.
Galicia é a primeira comunidade autónoma en subscribir un acordo deste tipo co Instiuto Camões que, ademais, deriva da aplicación da Lei Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa o vínculos coa lusofonía. Ademais, están en marcha programas como Escolas de fronteira ou Ponte nas Ondas para fomentar a relación dos escolares de ambos os países.
En total realizarán estas probas, totalmente gratuítas para as familias, 181 alumnos de 4º de ESO e 98 de 2º de Bacharelato. Todos eles cursan Portugués como primeira ou segunda lingua estranxeira no seu centro. Os centros participantes son os reflectidos na seguinte táboa:
Provincia Concello Centro
A Coruña Santiago de Compostela IES Arcebispo Xelmírez I
A Coruña Santiago de Compostela IES Arcebispo Xelmírez II
A Coruña A Coruña IES Monte das Moas
A Coruña Mugardos IES de Mugardos
A Coruña Santiago de Compostela IES Antonio Fraguas Fraguas
A Coruña Negreira IES Xulián Magariños
A Coruña Rianxo IES Félix Muriel
A Coruña Teo IES de Cacheiras
A Coruña Ordes IES Ordes
A Coruña Ames IES do Milladoiro
A Coruña Culleredo IES Rego de Trabe
Lugo Lugo IES Ánxel Fole
Lugo Guitiriz IES Poeta Díaz Castro
Ourense Verín IES García-Barbón
Ourense Ourense IES O Couto
Pontevedra Tui IES San Paio
Pontevedra Tui IES Indalecio Pérez Tizón
Pontevedra Caldas de Reis IES Plurilingüe Aquis Celenis
Pontevedra O Porriño IES Ribeira do Louro
Pontevedra Tomiño IES Antón Alonso Ríos
Pontevedra A Estrada IES Avelina Valladares
Pontevedra Vigo IES Valadares
Pontevedra Ponteareas IES do Barral
Probas en liña
As probas, que se realizan a través dunha plataforma electrónica, consisten nun único exame para avaliar o grao de desempeño global nas competencias de comprensión e de expresión oral (un 50% da puntuación total) e de comprensión e expresión escrita (outro 50%) co fin de acreditar o nivel lingüístico A1, A2 ou B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Para acadar a certificación, os estudantes terán que superar as probas do Exame de Portugués Lingua Estranxeira Camões Júnior, pero non terán que desprazarse para facelo, senón que as farán desde o seu centro educativo a través dunha plataforma electrónica.
O Instituto Camões será o encargado da organización e xestión das probas, que se que de forma xeral se levarán a cabo nas instalacións de cada centro educativo nas datas acordadas entre ambas partes.

Deja un comentario