Wednesday 08 de January de 2025

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro e Ribeira realizan varias actuacións relacionadas coas malas condicións meteorolóxicas


Os bombeiros do parque Provincial de Boiro e Ribeira recibiron varias chamadas durante a tarde de onte, sábado 4 de xaneiro, e a madrugada de hoxe, domingo 5 de xaneiro, alertando de varias situacións que supoñían perigo tanto para a circulación de vehículos como o tránsito de persoas.

Unha das intervencións tivo lugar á altura do número 95 en Esteiro, no concello de Boiro, que consistiu en asegurar un poste do subministro eléctrico que estaba roto e pendurado sobre a estrada, dificultando a circulación. Acudiron os bombeiros do parque Provincial de Boiro.

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira tamén tiveron que actuar na retirada dunha árbore en Couso – Aguiño, no concello de Ribeira, que caera na estrada; así como asegurar varios elementos ornamentais de Nadal e afianzar un poste telefónico con risco de caída na rúa da Tasca, no concello de Ribeira.

Deja un comentario