∙ A líder popular, Izaskun García, destaca “a gran asistencia de público durante todo o día, o que provocou que a cantidade de alimentos recolleitos fose sensiblemente maior que o ano pasado, ademais da achega económica dos patrocinadores”.
∙ O campión foi o Troula A de Betanzos tras unha emocionante final contra o Sporting Cambre.
O Partido Popular de Culleredo celebrou este sábado día 4 o seu xa tradicional torneo solidario de futbol salga a favor de Cáritas Vilaboa. Nesta terceira edición, os populares conseguiron recadar máis de 300 quilos de alimentos non perecedoiros e produtos de aseo que Cáritas Vilaboa distribuirá entre as familias que máis o necesiten”, asegurou a portavoz popular, Izaskun García.
Coa participación de seis equipos de categoría pre-benjamín de Culleredo e doutros concellos veciños como Coruña, Cambre e Betanzos, o trofeo levoullo o Troula A que se alzou coa vitoria nunha rifada final co Sporting Cambre. O terceiro e cuarto posto corresponderon a Olímpico de Rutis e ao Troula B respectivamente. Sporting Burgo e Hércules FS completaron o cadro de participantes.
“O noso parabén aos gañadores, ao digno finalista e aos demais competidores que nos regalaron un día de fútbol sala incrible. É admirable o nivel competitivo destas pequenas futuras estrelas do balompé”, recalca o edil popular, Carlos Leites.
Os máis de 300 quilos de alimentos recolleitos e a gran asistencia de público animan “máis se cabe” aos populares a pensar xa na próxima edición do torneo que sería xa a cuarta. “Estamos felices de que unha iniciativa como esta que une dous valores tan importantes para todos como o deporte e a solidariedade, estea a ter ano tras ano tanto éxito”, declara García.
A líder popular agradeceu de maneira moi particular “a total colaboración e dispoñibilidade dos clubs participantes, dos novísimos deportistas e as súas familias. Eles foron os verdadeiros artífices de que este evento deportivo e solidario resultase un éxito rotundo”.
Así mesmo, desde o Partido Popular de Culleredo agradecen a Cáritas a súa colaboración “na repartición do recadado ás familias que máis o necesitan, e aos patrocinadores e sponsors que axudaron a que o III Torneo Solidario púidose levar a cabo con tanto éxito, contribuíndo ademais cunha achega económica para Cáritas”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.