O Concello de San Sadurniño é un dos que habitualmente adiantan un ou dous días a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar, co obxectivo de que na tarde máxica do 5 de xaneiro a rapazada poida ir de vagar ás grandes cabalgatas de toda a volta coa tranquilidade de ter falado xa cos Magos de Oriente.
Así, os Reis pasaron hoxe polo ximnasio do CPI, onde a área municipal de Cultura lles tiña preparada unha grande festa de benvida con inchables, obradoiros e xogos musicais, ademais dun rico chocolate con roscón. As nenas e nenos puideron parolar cos Magos sen apuros, entregarlles as cartas e levar os petos cheos de caramelos.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.