Wednesday 08 de January de 2025

Cabalgata Reis Carral


Os Reis Magos non faltaron á súa cita en Carral, a pesar de ter que cancelar o percorrido da cabalgata por mor das inclemencias meteorolóxicas, o pavillón do Espiño acolleu a clásica recepción real.

A xornada incluíu, así mesmo, xogos, animación e degustación de doces co tradicional Roscón de Reis e chocolate no recinto deportivo.

Alí, ademais a rapazada fixo entrega das súas cartas e desexos aos Reis Magos de Oriente.

Desde o goberno local do Concello de Carral expresaron o seu agradecemento especial a todas as panaderías que colaboraron achegando os deliciosos roscóns de Reis: Panadería Bonome, Panadería Da Cunha, Panadería Manuel Rodríguez, Panadería O Paraíso, Panadería Pedro Fernández, Panadería Cañas, Panadería Mercedes e Panadería Do Pincho.

Tamén fixeron extensibles os agradecementos a Emerxencias e a Protección Civil, á Asociación de Mulleres Rurais do Concello de Carral, aos membros da Coral Aires de Carral, e a todas as persoas que de maneira voluntaria e altruísta colaboraron no repartimento dos roscóns e do chocolate.

Deja un comentario