O Concello de Ribeira tendo en conta as previsións meteorolóxicas adversas para o vindeiro domingo 5 de xaneiro vese na obriga de cambiar a programación da Cabalgata de Reis por outra nova xa deseñada e que terá lugar no Complexo Deportivo Municipal da Fieiteira a partir das 18:00 h do domingo día 5 de xaneiro.
A nova programación estará dividida en dúas franxas, unha primeira coa chegada da rapazada acompañada polos pais e nais á Fieiteira, de 18:00 a 19:00 h, onde haberá moita diversión con actividades lúdicas e festivas.
Haberá animación infantil con debuxos animados, actuacións musicais e talleres de globoflexia, pintacaras, etc. Paralelamente no módulo de atletismo á mesma hora habilitarase un espazo de Recepción Real para nenos e nenas neurodiverxentes; onde súas maxestades atenderán á rapazada nun ambiente relaxado sen música e co ambiente óptimo dentro dos estándares da neurodiverxencia.
Nunha segunda franxa as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente xunto coa comitiva chegarán ao pavillón da Fieiteira ás 19:00 horas onde terá lugar a Recepción Real cos discursos das súas maxestades para que logo os nenos e nenas poidan facer a súas peticións.
Mobilidade para a Cabalgata.
Para facilitar os desprazamenos o Concello de Ribeira habilita unha liña de bus gratuíta. Dende as 17:30h e cada 30 minutos sairá un bus dende o auditorio novo até a Fieiteira, facendo tamén a baixada até as 21:00 horas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.