Este domingo, 5 de xaneiro, recibiremos a visita dos Reis Magos.
Debido á previsión meteorolóxica é posible que as Súas Maxestades de Oriente teñan que facer o percorrido polas parroquias en vehículos cubertos en lugar de nas súas carrozas.
A recepción real no Pavillón de Guísamo será a partir das 18:40 horas.
O percorrido comezará ás 14:30 horas e pode verse en https://acortar.link/VQOJFH
O mesmo día poderase consultar o traxecto en tempo real: https://acortar.link/z0oXdp
O pavillón estará aberto desde as 17:30 horas cunha festa infantil, chocolatada e roscón de Reis.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.