Monday 06 de January de 2025

Os Reis Magos visitarán este domingo todas as parroquias de Brión nun autobús de época


Ante as malas previsións meteorolóxicas, as recepcións trasládanse a cuberto nos locais sociais e teleclubs

Os Reis Magos visitarán Brión este domingo 5 de xaneiro nun autobús de época que percorrerá as distintas parroquias entre as 10:15 e as 20:15 horas. O percorrido e os puntos de encontro serán os mesmos do ano pasado, se ben este ano as recepcións terán lugar a cuberto, ben nos locais sociais, ben nos teleclubs, debido ás previsións de choiva e vento. O itinerario da comitiva real será o seguinte:

• 10:15 h. Local Social de CORNANDA
• 10:45 h. Local Escola da LUAÑA
• 11:30 h. Teleclub de VICESO
• 12:30 h. Teleclub de ONS
• 13:15 h. Parada do transporte escolar de Tembra – BOULLÓN
• 16:30 h. Adro da Igrexa de BASTAVALES
• 17:30 h. Local Social de SAN SALVADOR
• 18:00 h. Campo de San Ramón – O TREMO
• 19:00 h. Adro da Igrexa dos ÁNXELES
• 20:00 h. Contorna da carballeira de Santa Minia – BRIÓN

En cada parroquia a rapazada poderá falar durante uns minutos cos Reis Magos, entregarlles as súas cartas e pedirlles os seus agasallos. Melchor, Gaspar e Baltasar irán acompañados por unha comitiva con música e que repartirá chocolate con rosca a todas as persoas que se acheguen.

Deja un comentario