Monday 06 de January de 2025

O polideportivo do Forte acollerá unha Tarde de Reis con Boqueixogo e degustación de petiscos de “Galicia sabe amar”


O polideportivo municipal do Forte acollerá este domingo 5 de xaneiro, de 17:00 a 21:00 horas, unha nova edición da Tarde de Reis. Unha gran festa na que Melchor, Gaspar e Baltasar estarán acompañados por outros dous eventos: o tradicional Boqueixogo e unha nova visita do foodtruck da campaña “Galicia sabe amar”. Tres eventos de acceso libre e de balde, sen necesidade de inscrición previa.

A festa dará comezo ás cinco da tarde cunha nova edición do Boqueixogo, que incluirá inchables variados e unha gran chocolatada. A media tarde, os Reis Magos farán a súa entrada no pavillón, onde serán recibidos pola corporación municipal, encabezada polo alcalde, Ovidio Rodeiro. Melchor, Gaspar e Baltasar atenderán a todos os nenos e nenas que o desexen e, unha vez rematada a recepción, procederase ao sorteo de agasallos entre toda a rapazada presente. Uns agasallos do Concello en colaboración con SBC Gasolineras.

Paralelamente, un foodtruck de “Galicia sabe amar” estará repartindo petiscos de balde. Trátase dunha campaña da Xunta de Galicia para animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo. Así, a veciñanza de Boqueixón poderá degustar dúas ou tres receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra.

Deja un comentario