Tuesday 07 de January de 2025

Entregados os regalos do programa “Agasalla Comercio Local, ten Premio”


Das 10.000 tarxetas entregadas nos comercios, 1.021 contiñan premios directos e as restantes tiveron a oportunidade de participar neste sorteo.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, fixeron hoxe entrega dos regalos da segunda edición do programa Agasalla comercio local, ten premio ás persoas agraciadas no sorteo realizado entre todas as tarxetas rasca e gaña que foran depositadas nas urnas habilitadas nas tres bibliotecas municipais.
Os premios foron os seguintes:
• Experiencia cultural (estancia dunha noite en hotel en Madrid e dúas entradas para asistir ao espectáculo El Rey León): Esmeralda Rodríguez Brandón.
• Experiencia turística (estancia de dúas noites para dúas persoas con acceso a spa no Augusta Eco Wellness Resort de Sanxenxo): María Pilar Fuentes Rey.
• Experiencia gastronómica (cea/comida para dúas persoas): Geli Pérez Lodeiro.

O Concello impulsou esta iniciativa co triplo obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a importancia de facer as compras no comercio de proximidade, atraer e fidelizar á clientela e subvencionar as compras dos cidadáns.
Puxéronse a disposición dos establecementos adheridos un total de 10.000 tarxetas rasca e gaña para entregar aos clientes por cada compra de dez euros. 1.000 desas tarxetas contiñan un premio directo de dez euros para consumir no comercio local e nos servizos de proximidade, outras 21 contiñan premios directos con agasallos cedidos polas empresas participantes no programa (produtos que se comercializan nos propios establecementos, tarxetas regalo e vales desconto) e ás preto de 9.000 restantes ofrecíase a oportunidade de depositalas nas urnas cos datos persoais para entrar no sorteo dos tres regalos entregados no día de hoxe.

Deja un comentario