O Festival de Reis xa ten cubertas todas as prazas dispoñibles e reunirá a máis de 800 persoas no pavillón Pilar Barreiro Senra
O Concello de Lousame organiza dúas citas festivas este domingo 5 de xaneiro: recepción das Súas Maxestades na Casa da Cultura pola mañá e Festival de Reis no polideportivo municipal da Silva pola tarde. Dúas actividades a cuberto, de acceso libre e de balde, se ben é preciso reservar entrada a través de www.bandoticket.com.
A primeira cita terá lugar de 10:30 a 13:30 horas na Casa da Cultura de Lousame. A recepción dos Reis Magos seguirá o mesmo procedemento de edicións anteriores: Melchor, Gaspar e Baltasar estarán no escenario do auditorio e escoitarán/recollerán as cartas dos pequenos, aos que entregarán algunhas lambonadas.
Finalmente, de 17:00 a 19:30 horas, o polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra acollerá o tradicional Festival de Reis. Unha festa infantil con xogos, inchables, obradoiros… e un chocolate con churros para os máis de 300 nenos e nenas inscritos. Un festival que xa ten cubertas todas as prazas dispoñibles, xa que entre rapazada e persoas adultas está previsto reunir a máis de 800 persoas no pavillón.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.