
Para que o bus urbano 1-A da Coruña conecte con Santa Cristina de forma permanente durante todo o ano, o alcalde vai solicitar reunirse proximamente co Concello da Coruña, a Xunta de Galicia e a Compañía de Tranvías. Desta maneira, ante a vontade manifestada pola Xunta de atender as melloras do transporte, o Concello pretende que se retome este importante servizo que funcionou durante os veráns desde 2019 ata 2022.
Coa ruta do bus urbano 1-A crearíase unha nova alternativa de mobilidade para desprazarse ata o hospital Abente y Lago, pasando por Alfonso Molina, Matogrande, Monelos, Elviña… Nada ten que ver este percorrido co do actual servizo existente, polo que non existiría practicamente ningunha interferencia coas liñas xa en funcionamento.