ORGANIZA> Concellaría de Cultura do Concello de Carballo.
COLABORAN> Policía Local, Servizo de Protección Civil, Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil de Carballo, Brigada Municipal de obras, Centro Comercial Bergantiños Hiper-GADIS (aportan 600 Kg de caramelos) e Grupo Dimolk que cede os coches que transportan as carrozas.
DÍA> domingo 5 de xaneiro
HORARIO>
– Chegada ao Centro Comercial Bergantiños Hiper-GADIS: 16.45 h
– Saída do Centro Comercial Bergantiños: 17.10 h
– Chegada á Praza do Concello: 19.30- 19.45 h (aprox.)
ITINERARIO>
Os Reis chegarán en coches ao Centro Comercial Bergantiños Hiper-GADIS escoltados pola Policía e Protección Civil, que serán os encargados de que todo o desfile transcorra con seguridade e tranquilidade, ademais de regular o tráfico ao paso das carrozas. As súas maxestades saudarán aos nenos e nenas antes de subir ás carrozas.
PERCORRIDO:
Saída no aparcamento de CC Bergantiños-Gadis, Rúa Perú, Av. Ponte da Pedra, Av. Malpica, Pedra Furada, Mirtos, Fábrica, Av. Flores, Rosas, Begonias, Camelias, Xasmíns ,Av. Cristina, Poñente, Luis Calvo, Castelao, Alexandre Bóveda, Av. Fisterra, Río Anllóns, Av. Milagrosa, Rúa do Sol, Jacinto Amigo, Desiderio Varela, Gran Vía, Dr. Fleming, Av. Bergantiños, Vila de Ordes, Gran Vía, Vázquez de Parga, Emilia Pardo Bazán, Ponte da Pedra, Perú, Pontevedra, Avilés de Taramancos, Anxel Fole, Valle Inclán e Colón.
ANIMACIÓN>
Para facer máis levadeira a espera dos Reis Magos os nenos e nenas que o desexen poderán desfrutar de animación na Praza do Concello a partir das 19.00 h con Picadiscos Marifaltri ata a chegada da cabalgata.
ACTO DE RECEPCIÓN DOS REIS>
O acto celebrarase na carpa da Praza do Concello, onde poderán esperar as familias. Á chegada dos Reis, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, no nome de toda a cidadanía, recibirá e saudará ás Maxestades Reais, que se dirixirán a todos os asistentes.
A continuación, os nenos e nenas poderán achegarse aos Reis e facerlles entrega das cartas en man e realizar as peticións que desexen. Tamén disporán dunha caixa de correos real para deixar as súas cartas.
Seguimento da situación en tempo real da cabalgata a través de www.carballoenrede.com
RECOMENDACIÓNS DE SEGURIDADE>
Os distintos servizos encargados da seguridade durante a celebración da Cabalgata dos Reis, Protección Civil e Policía Local, recomendan a todos os pais, nais e asistentes que teñan vixiados en todo momento aos nenos e nenas que acudan a este acto e garden a distancia de seguridade con respecto ás carrozas, e nunca situarse diante das mesmas. Non está permitido achegarse a elas.
Prégase tamén aos maiores que faciliten aos nenos as primeiras filas e espazos para que os máis cativos poidan ver mellor aos Reis. Non se debe subir ao mobiliario urbano nin a varandas que poidan ser inestables e perigosas. Advírtese sobre a extrema precaución cos carros dos bebés, que non sobresaian das liñas do público marcada polos servizos de seguridade.
Non se pode invadir a calzada e débese impedir que os menores entren en zonas delimitadas para o desfile. Débense respectar en todo momento as indicacións sobre as liñas para o público marcadas polos servizos de seguridade, non recoller caramelos próximos ás carrozas, nin na calzada e non utilizar paraugas para recoller caramelos, xa que supoñen un perigo engadido para os máis pequenos. En todo momento, débense atender e respectar ás indicacións da organización e servizos de seguridade.
Desde a organización pídese e agradécese a colaboración da cidadanía para o correcto desenvolvemento desta actividade e así poder desfrutar desta tarde tan especial para todos.
CABALGATAS NAS PARROQUIAS
Día 4:
– Bértoa (Lorena 669 838 843)
Día 5:
– A Brea (Eva 636 327 083)
– Verdillo (Belén 620 854 022)
– Ardaña (Eva 620 978 755))
Día 6:
– Sofán (Ana Mª 650 097 118)
– Cances (Fran Méndez 639 006 413)
– Lema (Iván 665 853 965)
Estas cabalgatas están organizadas polas asociacións de cada parroquia e seguirán os itinerarios de anos anteriores, aínda así, déixovos os contactos por se realizan cambios de día ou hora.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.