Wednesday 08 de January de 2025

Solicitadas as licencias para a construción dos novos pisos de protección de Perillo e Xaz


A empresa que adquiriu as parcelas municipais e que está a constituír as cooperativas para a creación de 148 pisos de protección presentou as solicitudes de licencia para as 117 vivendas de Xaz e Perillo. Desta forma, mantense a previsión inicial de comezar as obras no mes de maio.

 

Neste momento xa están comprometidas 94 das vivendas, avanzando a adxudicación a un ritmo dun piso diario. No caso da cooperativa de Mera (28 vivendas) o volume de adxudicacións é inferior a Xaz e Perillo debido a que o proceso de chamadas ás persoas interesadas iniciouse máis tarde pola modificación realizada para crear vivendas nas plantas baixas.

 

O prezo de venda dos pisos está fixado polas políticas da Xunta de Galicia, non por parte do Concello. Para facilitar a compra dos pisos, aos que algunhas persoas non poden optar por non dispoñer de financiación bancaria para o 100%, o Concello reclama que a Xunta, que é a administración competente en materia de vivenda, poña en marcha as axudas anunciadas para cubrir o 20% do custo inicial das vivendas.

 

Ademais destas 148 vivendas protexidas, vanse crear outras 36 en Icaria. Neste caso estarán destinadas a aluguer nos prezos de protección estipulados pola Xunta.

Deja un comentario