Wednesday 08 de January de 2025

A cabalgata de reis comezará ás 16:30 horas na Casa do Concello e percorrerá todo o municipio


Este domingo 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros. A comitiva real será recibida oficialmente na Casa do Concello, estando previsto que ás 16:30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar saúden desde o balcón principal do consistorio a todos os nenos e nenas que se acheguen ata a praza de Galicia. Posteriormente iniciarán o seu itinerario por todas as parroquias do municipio en autobús descapotable.

HORARIOS / Domingo 5 de xaneiro de 2025

16:30 H – Recepción oficial na Casa do Concello e saúdo desde o balcón do consistorio
16:50 H – Urbanización Os Regos, avenida Isaac Díaz Pardo
17:00 H – Urbanización O Seixo, rúa Cormorán
17:10 H – Casa do pobo de Nós
17:30 H – Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido
17:40 H – Casa do pobo de Iñás
18:00 H – Casa do pobo de Dexo
18:10 H – A Lagoa de Mera
18:25 H – Urbanización Rialta, parque Nicolás Redondo
18:40 H – Praza Esther Pita de Santa Cruz
19:20 H – Polideportiva II República de Perillo

Os horarios son aproximados, poderían sufrir variacións en función do tráfico ou doutras circunstancias.

Deja un comentario