O Concello levará a cabo o reforzo da rede de abastecemento da zona de Gunduriz que vén do depósito alto de Neda. A medida permitirá resolver os problemas derivados da falta de presión na auga da traída que reciben as vivendas.
Segundo consta no informe elaborado polos servizos técnicos municipais, trátase dun final de liña da rede, que conta cunha presión moi baixa, impedindo ofrecer un subministro de auga axeitado.
O Concello adxudicaba nos últimos días do ano a Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia os traballos para pór solución á problemática. a intervención, cun orzamento de 9.992 euros, terá un prazo de execución dun par de semanas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.