O Concello da Pobra do Caramiñal comezou o 2025 felicitando a unha das súas veciñas centenarias: Francisca Simil Mariño. Para ela cada Aninovo é motivo de dobre celebración, pois non só é a benvida a un novo ano, tamén é o seu aniversario.
Nacida en 1922, esta veciña da Laxe soprou onte 103 candeas. Por iso, o alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira das Relacións Institucionais, Patricia Lojo, se achegaron nesta xornada ata a súa casa para felicitala en persoa e facerlle entrega dun ramo de flores.
Alí estaba acompañada de parte da súa familia, entre eles, o seu fillo, Ricardo Lago Simil, e o seu xenro, Isaac Maceiras Rivas; ambos estreitamente vencellados á vida política da localidade exercendo, o primeiro, como concelleiro en anteriores mandatos e, o segundo, como rexedor do municipio durante dezaseis anos, entre 1999 e 2015.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.